Síndrome complexa de dor rexional
Síndrome complexa de dor rexional | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Forma severa de distrofia simpática reflexa. | |
ICD-10 | M89.0 |
ICD-9 | 337.21 |
MedlinePlus | 007184 |
MeSH | D020918 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome complexa de dor rexional (SDRC, ou CRPS polas súas siglas en inglés), tamén coñecida coma distrofia simpática reflexa,[1] é unha doenza crónica e progresiva, caracterizada por unha dor intensa, inchazón e outros cambios na pel, e asociada a disfunción vasomotora. A dor non é proporcional á causa que aparentemente a orixina.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A síndrome complexa de dor rexional (SCDR) recoñeceuse como entidade médica dende a metade do século XIX, descrita durante a Guerra civil estadounidense, cando recibía a denominación de causalxia. Silas Weir Mitchell describiu lesións nerviosas específicas en soldados que desencadeaban dor severa e desproporcionada en relación á lesión orixinal, acompañada de cambios na temperatura e na cor da pel. Mitchell acuñou o termo "causalxia" (do grego kausos=calor e algos=dor) para describir ese conxunto de síntomas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A denominación da enfermidade evolucionou desde o século XIX. Co paso do tempo, recoñecéronse síntomas similares á causalxia que non estaban necesariamente asociados a unha lesión nerviosa directa. A este conxunto máis amplo de síntomas chamouse RSD (do inglés Reflex Sympathetic Dystrophy).
Nas últimas décadas do século XX, para reflectir mellor a natureza variada e complexa da doenza, o termo SDRC substituíu a RSD.
En 1994, a Asociación Internacional para o Estudo da Dor (International Association for the Study of Pain, IASP) propuxo clasificar a SDRC en dous tipos, baseándose na presenza ou ausencia de lesión nerviosa:[3]
- A SCDR tipo 1 ou Atrofia de Sudeck é un trastorno neurolóxico crónico que acontece case sempre nos brazos ou nas pernas após unha lesión menor. Non existe dano no nervio. Outras denominacións son distrofia neurovascular reflexa, ou algoneurodistrofia.
- A SCDR tipo 2, anteriormente coñecida coma causalxia, é causada por unha lesión do nervio.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]O 19 de xuño de 2023, Netflix publicou o documental Take care of Maya que trata dunha nena afectada por SCDR, Maya Kowalsky, e da súa familia. O audiovisual mostra outras familias acusadas de maltrato infantil en casos de nenos e nenas afectados pola doenza.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Síndrome de dolor regional complejo. National Institute of Neurological Disorders and Stroke, (NINDS). Marzo 2004; Publicación de NIH 04-4173s
- ↑ FL, Yovanny; OV, Pablo e FL, Dunia. Síndrome da rexional complexo: Conceptos actuais. Rev Cubana Ortop Traumatol [online]. 2006, vol.20, n.1 [citado 2010-07-01]. ISSN 0864-215X. >. ISSN 0864-215X.
- ↑ "DISTROFIA SIMPÁTICO REFLEXA/CAUSALGIA". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2013.
- ↑ "Cuiden-a-Maya-Netflix-historia-real". Fotogramas (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Mãe de Maya suicidou-se depois de a acusarem de provocar doença à filha. Menina tinha afinal uma condição neurológica e agora exige justiça". iol.pt (en portugués).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]----
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |